mirror of
https://github.com/CatimaLoyalty/Android.git
synced 2026-05-17 05:09:08 -04:00
Currently translated at 2.1% (3 of 140 strings) Translation: Catima/Android (Fastlane) Translate-URL: https://hosted.weblate.org/projects/catima/fastlane/gl/
23 lines
1.4 KiB
Plaintext
23 lines
1.4 KiB
Plaintext
Deixa de buscar a tarxeta de plástico na tenda cando vas pagar.
|
|
<b>Escanea os códigos de barras ao teu dispositivo coa cámara e esquece as tarxetas.</b>
|
|
|
|
Esquece a carteira, ou alixéiraa co imprescindible.
|
|
|
|
Con esta ferramenta de uso esencial (EDC) podes substituír o plástico inútil por efectivo.
|
|
|
|
- Evita o rastrexo ao precisar poucos permisos. Sen acceso a internet nin publicidade.
|
|
- Engade tarxetas e códigos con nome e cores personalizadas.
|
|
- Engade manualmente os códigos se non ten código propio, ou non se pode usar.
|
|
- Importa tarxetas e códigos desde ficheiros, Catima, FidMe, Loyalty Card Keychain, Stocar e Voucher Vault.
|
|
- Crea unha copia de apoio das tarxetas e transfíreas a outro dispositivo.
|
|
- Comparte cupóns, ofertas exclusivas, códigos promocionais ou tarxetas e códigos usando calquera app.
|
|
- Decorado escuro e opcións de accesibilidade para persoas con dificultades visuais.
|
|
- Feita para todas as persoas de parte da comunidade do software libre.
|
|
- Traducida a máis de 40 idiomas por persoas voluntarias.
|
|
- Gratuíta, mantida por contribucións da comunidade.
|
|
- Utiliza, estuda, modifica e comparte;<i>con calquera</i>.
|
|
- Non só é Software Libre / Código Aberto. Xestión de tarxetas con software libre <i>Copylefted</i> (GPLv3+)
|
|
|
|
Simplifica a túa vida ao mercar, e non perdas recibos, tarxetas de regalo ou o billete de avión.
|
|
Leva todos os descontos e promocións contigo, e gárdaos no momento en que chos entregan.
|