F-Droid é un catálogo instalable de aplicacións de software libre para Android. A aplicación de cliente do F-Droid fai fácil navegar, instalar e comprobar actualizacións no seu dispositivo.

Conéctase a calquera repositorio F-Droid compatible. O repositorio predeterminado alóxase en f-droid.org, o cal só contén software libre de boa fe.

O propio Android está aberto a no sentido de que vostede é libre de instalar APKs desde onde quera, pero hai varias boas razóns polas que usar F-Droid coma o seu xestor de aplicacións de software libre:

*Ser notificado cando haia actualizacións dispoñibles
* Opcionalmente descargar e instalar as actualizacións automaticamente
* Manter un rexistro das versións antigas e betas
* Filtrar as aplicacións incompatibles co dispositivo
* Atopar aplicacións por categorías e descricións buscables.
* Acceder ás ligazóns asociadas para doazóns, código fonte, etc.
* Estar seguro comprobando o índice de sinaturas e hashes das APKs
